viernes, 25 de noviembre de 2016

TEMA 2. AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS

Empezamos este tema explicando o concepto de CIVILIZACIÓN FLUVIAL. Dende que aparece a escritura, en torno a ano 3000 a.C, iniciaráse nas beiras dalgúns grandes ríos, un forte desenvolvemento da agricultura que propiciou o nacemento das primeiras civilizacións históricas e con elas o nacemento das primeiras cidades.
Entre estas primeiras civilizacións ou civilizacións fluviais destacan a civilización mesopotámica e a civilización exipcia. A primeira xurde en torno aos ríos Tigre e Éufrates e a segunda en torno ao río Nilo pero ambas teñen, como vimos na clase carácterísticas comúns:
- Crece a poboación grazas á abundancia das colleitas garantidas pola fertilidade das terras e as antigas aldeas convértense en cidades
- Presentan unha organización social complexa e xerarquizada: rei, sacerdote, funcionarios e exercito serían o grupo minoritario privilexiado; mentres que gandeiros, agricultores e artesáns serían o grupo maioritario non privilexiado.
- Coñecen a escritura que permite a creación de documentos que permanecen no tempo e que axudan a transmisión do saber
- Relixión politeista
- A cultura e a arte alcanza un grande desenvolvemento
A continuación tendes un mapa para que localicedes ben estas civilizacións:

Primeira pregunta do tema para os seguidores do blog: Por que pensades que estas civilizacións crecen en torno aos ríos?

Como dixen na clase nos estudaremos máis en profundidade a CIVILIZACIÓN EXIPCIA.

Seguiremos o seguinte índice:




CRONOLOXÍA: Desenvólvese aproximadamente entre o 3100 e o 31 a.C.

LOCALIZACIÓN:

 Mirando os mapas que deixo a continuación... Podedes explicarme onde se localiza esta civilización e por que?

 



Podedes tamén explicar leendo o texto de Herodoto que deixo baixo estas liñas por que dicía que Exipto era un regalo do Nilo?

Exipto é como un regalo do Nilo. (...) Non existe xente que recolla a colleita con menor esforzo. Non teñen o traballo de facer surcos na terra co arado, nin sachar, nin facer os labores que realizan os demais campesiños no cultivo das súas colleitas, poi, desbordándose o río do seu leito sen obra humana e retirado dos campos despois de regalos, o traballo queda reducido a sementar e meter nas terras os rabaños para que cubran a sementa coas súas pisadas. E feito isto, agardan tranquilamente o tempo da sega, e feita a trilla polas mesmas bestas, recollen e rematan a colleita (...)
Cando o Nilo inunda o país, unicamente as cidades poden verse por riba das augas, semellantes ás fillas do Exeo; pois o resto de Exipto convértese nun mar, e soamente elas sobresaen. Cando isto sucede, xa non navegan seguindo o cusro do río, senón a través da chaira.
HERODOTO. Historias. Século Va.C.

MEDIO FÍSICO:

Como expliquei na clase en Exipto hai un grande contraste entre o deserto e o val. Alguén pode explicar como entenden os exipcios este contraste?

 EVOLUCIÓN HISTÓRICA



ORGANIZACIÓN POLÍTICA

faráón era deus e rei.
Como rei facía as leis, xulgaba, inspeccionaba as obras hidráulicas e dirixía ao exército . Ademais tiña un grande poder económico (posuía grandes propiedades agrícolas, controlaba a recadación de impostos e o comercio exterior)
Como deus era considerado a encarnación de Horus, deus do ceo, na terra. A cintinuación tendes varias representacións do faraón como Horus como falcón ou coa cabeza desta ave.




ORGANIZACIÓN SOCIAL

Como falamos na clase podemos facer unha representación piramidal da sociedade exipcia. No cumio da pirámide o faraón, e na parte máis baixa os escravos. Aquí tendes unha pirámide que atopei na rede. Fixadebos na diferencia numérica que hai entre os escravos e o grupo dominante.



AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Como podedes intuir polo falado ata o momento, a agricultura era a principal actividade económica da civilización exipcia, e a base da súa economía. Tendo en conta que era unha agricultura irrigada, cultivábanse entre outros produtos: cereais, hortalizas, legumes, froita, liño e algodón.
Eran os campesiños os que traballaban as terras, aínda que estas pertencían ao faraón. A cambio de cultivalas tiñan que pagarlle unha serie de impostos e tiñan a obriga de participar na construcción da pirámide, que serviría de tumba ao faraón.



Outra das actividades económicas que tiña tamén unha grande importancia era a gandaría. Da mesma obtiñanse animais para o consumo humano: porcos, ovellas, aves de curral.. e outros animais que utilizaban para o traballo: asnos para o transporte ou bois para labrar as terras.




artesanía (ceramistas, ourives, tecedores, canteiros...) e o comercio exterior eran tamén actividades económicas da época.

A RELIXIÓN EXIPCIA

Como dixen na clase, para que teñades unha visión global da relixión exipcia, citarei a continuación as principais carácterísticas:

a) Era unha relixión politeista, crían en moitas divinidades que presentaban aspecto humano e/ou animal e que vivían nos templos


OSIRIS
Deus do mundo subterraneo, esposo de Isis.
Represéntase coa barba osiríaca


ISIS
Esposa de Osiris, deusa da fertilidade feminina.
Represéntase cun trono na cabeza


HORUS
Encarnación na terrra do faraón
Fillo de Isis e Osiris
Represéntase coa cabeza de falcón
Deus do ceo


ANUBIS
Deus dos mortos e dos embalsamadores
Represéntase con cabeza de chacal


HATHOR
Deusa do amor da alegría e da música
Muller de Horus
Represéntase cuns cornos de vaca na cabeza e co disco solar


AMÓN- RA
Deus do sol.
Represéntase cun disco solar

b) Crían na existencia da vida despois da morte. e para acceder a ela tiñan que cumplir dúas condicións:

- Conservar o corpo intacto => MOMIFICACIÓN






VASOS CANOPES para as vísceras

- Superar o Xuízo das almas 


Blogeros: Podedes dicir mirando a imaxe en que consistía o xuizo das almas?


 MANIFESTACIÓNS CULTURAIS E ARTÍSTICAS

A cilización exipcia foi unha civilización cun alto nivel cultural e artístico. De feito somos en parte herdeiros dos avances que os exipcios conseguiron na astronomía, nas matemáticas e por suposto na arquitectura.
As principais manifestacións artísticas en arquitectura son os templos e os monumentos funerarios.

A) TEMPLOS

Xa vimos que os exipcios eran politeístas, é dicir, crían na existencia de numerosas divinidades, e no seu honor construíron templos para rendérenlles culto. O templo era a morada do deus, representado tanto en forma humana como en forma animal ou combinando corpo humano e cabeza de animal. A continuación tendes un esquema coas partes do templo. Recordade que tendes que estudalas para o exame.








B) MONUMENTOS FUNERARIOS

Os exipcios enterraban os seus faraóns e personaxes destacados -membros da familia real, nobres, funcionarios e sacerdotes destacados- en tumbas de gran valor arquitectónico.

AS MASTABAS son tumbas en forma de tronco de pirámide de planta rectangular e poden ter unha ou dúas cámaras sepulcrais. Eran facilmente accesibles para os saqueadores de tumbas.






AS PIRÁMIDES DE CHANZOS compostas pola superposición de mastabas decrecentes




AS PIRÁMIDES son tumbas en forma de figuara xeométrica piramidal. As máis coñecidas e grandiosas son as que mandaron construír para servírenlles de tumba, os faraóns Keops (146 metros de altura), Kefrén e Micerinos en Gizeh, próximas ao Cairo (2570-2480 a.C). O faraón era conducido polos sacerdotes á pirámide; logo de ser momificado quedaba depositado nun sartego na cámara funeraria, acompañado dun rico enxoval funerario (xoias, armas e utensilios que o acompañases na outra vida). Para evitar que os ladróns descubrisen e roubasen estes tesouros, a entrada quedaba selada e no interior da pirámide abríanse galerías falsas de tipo labiríntico.









OS HIPOXEOS son tumbas escavadas na rocha na ladeira da montaña e igual que as pirámides cun trazado interior labiríntico para protexer dos salteadores de tumbas a momia e os tesouros do faraón sepultado. A maioría destes hipoxeos están no Val dos Reis e no Val das Raiñas, preto de Tebas, e foron realizados polos faraóns das últimas dinastías exipcias.

 


Os historiadores pensasn que hai unha evolución na execución dos monumentos funerarios que se exemplifica coa imaxe que tendes baixo estas liñas




A continuación deixo todo o material que elaborei para as clases para que vos sirva de apoio no estudo.









69 comentarios:

  1. Profe,las preguntas son las que están en rojo,no?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si. Las preguntas las pondré siempre en rojo

      Eliminar
    2. Pregunta 2: Éxipto localizase no estreito do val do río nilo (África ecuatorial) Pablo 1eso b

      Eliminar
    3. hola soy Gabriel Domingez e esta é a miña reposta a la pregunta 4º do blog:

      Os antigos exipcios vivían no Norte de África, nunha estreita franxa de terra fértil ou negra, que se estendía ao longo do río Nilo.
      Ao seu ao redor atópase a Terra Vermella, que é o nome que alí se lle dá ao deserto. Sen o Nilo ninguén podería vivir en Exipto, porque como alí chove moi pouco, os seus habitantes dependían do río que fertiliza as terras cando era época de inundacions.

      Eliminar
    4. Hola soy David Barcala.
      Eu penso que estas civilizacións crecen en torno aos rios porque os desbordamentos destes favorecen a fertilizan as terras que teñen o redor facendo que a agricultura aumente.

      Exipto localizase no Estreito do rio Nilo na Africa Ecuatorial o motivo polo que se localiza aquí é porque o Nilo é unha fonte inagotable de recursos a terra é moi fertil.Ademais a auga do Nilo atrae animais como o bufalo, o camello e estes proporcionanlle a poboación leite e carne ademais o Nilo é utilizado como vía fluvial para o transporte de persoas e mercancías.

      Heredoto decía que Exipto era un regalo do Nilo porque case non fai falta facer nada para cultivar as terras xa que o desbordarse dalle a terra todo o que necesita para que crezcan as plantas.

      Os Exipcios creen que o val é o lugar da vida porque as terras alí son fertiles e é donde a poboación vive e desarollase.En cambio o deserto é o lugar da morte porque alí non crece nada polo tanto é alí donde edifican as tumbas e os templos funerarios.

      A imaxe representa O Xuizo das almas
      O deus Anubis pesa o corazón do defunto nunha balanza,onde polas boas accións o corazón debía equilibrarse coa pluma da verdade,se o defuntoo supera o xuizo accede a vida da ultratumba se non o supera e devorado por Amit.

      Eliminar
    5. Boas noites. Gabriel Domínguez e Pablo Grande as vosas respostas non son correctas. Consultade as que deren os vosos compañeiros e veredes o que estaba pedindo. Un saúdo

      Eliminar
    6. David Barcala, todas as túas respostas son correctas. Noraboa!

      Eliminar
    7. Si, profe a resposta correcta a pregunta 4º e
      Porque o deserto ocupa a maior parte do territorio e era un lugar de morte, onde os exipcios edificarón as súas tumbas e cemiterios.
      No val era o lugar da vida, onde estaban os campos de cultivo, as aldeas, as cidades, os palacios e templos.

      Eliminar
  2. A resposta á primeira pregunta e: porque as enchentes dos ríos fertilizaban as terras e isto favorecía á agricultura co cal había mais poboación agrícola.

    ResponderEliminar
  3. 2º pregunta:encóntrase cerca do río Nilo , debido a que este cada verán desbórdase e deixa unha espesa capa de limo que fertiliza as terras e favorece á agricultura.

    ResponderEliminar
  4. 3º pregunta: Exipto é un regalo do Nilo porque é un gran deserto atravesado por un río tan longo, o cal permite crear a civilización ao longo do seu curso, esta civilización situouse ahí porque o río permitía a rega sen esforzo e contibuiu en gran parte o desenvolvemento da agricultura en Exipto.

    ResponderEliminar
  5. 4º pregunta:que o deserto era mais territorio e ademais era o lugar da morte,nel os antigos exipcios edificaban tumbas , templos funerarios e cementerios.
    E o val era o lugar da vida,nel instalaronse os templos de cultivo ,as aldea,as cidades,os palacios e os templos .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Boa tarde, Clara. Todas as túas respostas son correcta. Graciña por participar!

      Eliminar
  6. La respueta a la primera pregunta es:
    Las civilizaciones egipcias crecian en torno a los rios como el nilo por que cuando crecían ayudaban mucho en la agricultura gracias a los sedimentos

    ResponderEliminar
  7. La respuesta a la segunda pregunta es:
    Egipto se localiza en el sureste de africa,junto la antigua civilización mesopotamica,en torno al rio nilo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Diana,A primeira resposta é correcta. A segunda está incompleta. Pregunto onde se loacaliza a civilización exipcia e por que e só responde á primeira parte da pregunta.

      Eliminar
  8. Bos días, son Inés:
    Eu penso que as civilizacións, crecen entorno ós ríos porque neste lugar, os homes tiñan máis vantaxes para desarrollarse...
    - As augas facían que a terra tivese as condicións idóneas para a agricultura.
    - A través dos ríos era máis sinxelo o transporte de mercaderías, xa que case non había medios para transportalos comodamente por terra.
    - O río, aseguraba o alimento mediante a pesca (peixes).
    - As augas do río, contribuían a limpar o ambente, levándose así as pestes que podían facer enfermar aos homes.
    Firmado:Inés Rodríguez Mateos-1ºESO A

    ResponderEliminar
  9. Bos días, son Inés, e esta é a miña resposta á segunda pregunta:
    A civilización exipcia, localízase en Exipto (África), ao carón do río Nilo xa que como xa explicábamos na primeira pregunta, os homes buscaban asentárse en lugares cerca da auga, esta civilización foise estendendo ao longo do río Nilo.
    Firmado: Inés Rodríguez Mateos-1ºESO A.

    ResponderEliminar
  10. Bos días, son Inés aquí respondo á terceira pregunta:
    O texto di que Exipto é un regalo do Nilo, porque este río, ao desbordarse, fai que as terras de Exipto sexan moi fértilese que o único q hai q facer, é botar as sementes e levar ao ganado alí para que pisoten as sementes e as enterren, despois, cando as sementes dan froito, soamente queda recollelos e volver a facer o proceso para obter máis alimento.
    Resumindo, Exipto é un regalo do Nilo porque fai que os campesiños non teñan que dedicar esforzo.
    Firmado: Inés Rodríguez Mateos-1ºESO A.

    ResponderEliminar
  11. Hola, son Inés, esta é a resposta á 4º pregunta:
    Os exipcios entendían estas diferencias así...
    O deserto era o lugar da morte, alí edificábanse as tumbas, templos funerarios e cemiterios.
    Pola contra, o val, era o lugar da vida, (grazas á auga que non había no deserto), alí instaláronse campos de cultivo, aldeas e cidades, palacios e templos...
    Firmado: Inés Rodríguez Mateos-1ºESO A.

    ResponderEliminar
  12. Ola son helena de 1ESO A a primeira pregunta a resposta é esta :
    Eu penso q se ponían ahi polo motivo de que en inverno o río Nilo desbordarse y a auga queda máis fértil e é mellor para os cultivos

    ResponderEliminar
  13. A resposta a terceira pregunta é esta :
    Encontrabanse no estreido do val do río Nulo (África ecuatorial) encontrabanse alí porque cada verán o rió Nilo desbordase e inundaba o val

    ResponderEliminar
  14. A reporta da terceira pregunta é:
    Porque dice q os exipcios non fan nada q todo o fai o río Nilo e que se non fora polo río Exipto non estaría ali

    ResponderEliminar
  15. Respostas da pregunta 4:
    Para os exipcios o deserto era como o lugar da morte porque facía moita calor, non había alimento e non había auga. En cambio o val era como o lugar da vida porque facía menos calor había alimento e tamén había auga

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Helena, as tús respostas están ben. Pero tes unha incorrección na primeira. O Nilo desbórdase no verán. Graciñas

      Eliminar
  16. 1. Porque os exipcios opteñen a auga del e tamén porque cando o se nivel de auga baila a terra que deixa ao descubierto esta fértil e é máis fácil cultivar alimentos
    2. Se localizan no val do Nilo porque a súa terra é máis fértil e permite que faganse intercambios de alimentos
    3. Porque grazas a el os exipcios poden obter alimentos
    4. Porque viron que no deserto a terra non era fértil , non tiñan auga e facía moita calor cousa que no val era ao contrario xa que a calor era soportable , había a auga do río e a terra era fértil

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Candela, as túas respostas están ben. Na terceira pregunta poderías ter concretado que os exipcios non tiñan case que traballar para obter os resultados da agricultura.

      Eliminar
  17. Pregunta 1: porque son as zoas maís fértiles, sua economía é agricola.Grazas a
    a os ríos estas civilizacións creceron
    e sobrevivieron
    Pablo 1esob

    ResponderEliminar
  18. Pregunta 3: O desertó era o lugar da morte edificaron tumbas. O Val era o lugar da vida e de cultivo Pregunta 4: O xuizo das almas era un tribunal na que un deus poñia nun lado dunha balanza o corazón do fallecido e na outra unha pluma e iba facendo preguntas e si era bo a pluma pesaba mais e iría a o paraíso e si había sido malo pesaba mais o seu corazon e era arrollado a os mortos. Pablo 1 eso b

    ResponderEliminar
  19. Hola o meu nome é Gabriel Domínguez soy da clase de 1º da Eso A e esta é a miña resposta da pregunta 1º do blog:
    Son civilizacións fluviais que se estableceron xunto a grandes ríos e desenvolveron unha cultura propia onde destaca o logro da escritura. Entre as civilizacións mais importantes está a mesopotámica que está rodeada por dous ríos o Tigres e o Éufrates e por iso o seu nome significo terra bañada por augas e a exipcia que se desenvolve no río Nilo

    ResponderEliminar
  20. Hola o meu nome é Gabriel Domínguez e esta é a miña resposta a pregunta 2º:
    É a civilización exipcia, que se localiza no norte de África, no que hoxe en día é a República Árabe de Exipto, que se desenvolveu no río Nilo e por iso coñécese como unha civilización fluvial.

    ResponderEliminar
  21. Hola o meu nome é Gabriel Dominguez e esta é a resposta da pregunta nº 3:
    O Nilo era unha gran fonte de auga, onde se podían cultivar, pescar, coñecer e comerciar con outras civilizacións da época.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gabriel, a 1ª e a 3ª son correctas. Na 2ª falta o por que.
      Graciñas

      Eliminar
    2. Porque era unha fonte de riquezas donde podían, cultivar, pescar, navegar etc.

      Eliminar
  22. O xuizo das almas consistía en que o deus Anubis, nunha balanza, poñía nun lado o corazón da persoa e no outro a pluma da verdade, se o corazón era máis lixeiro ca pluma significaba que o corazón era puro e estaba limpo. Se o corazón pesaba máis que a pluma significaba que o corazón non era puro. Se a alma de esa persoa era pura podía pasar ao máis alá pero, se pesaba máis, o corazón era comido por unha besta.

    ResponderEliminar
  23. -As civilizacións crecían entorno aos ríos porque ofrecían moitas vantaxes. As augas permitían o desenvolvemento da agricultura.
    -Através dos ríos era máis sinxelo o transporte de mercadorías.
    -Aseguraba un alimento fundamental, o peixe.
    -O fluir do río limpaba o aire librando de pestes a saúde dos homes.


    ResponderEliminar
  24. A civilización é a exipcia, que creceu na beira do Río Nilo polas vantaxes que lles proporcionaba o río.

    ResponderEliminar
  25. Exipto era un regalo do Nilo porque gracias a el e a súas crecidas case non tiñan que traballar a terra xa que cando o río desbordábase facía surcos e deixaba unha capa de limo que facía que as terras foran moi fértiles, limitábanse a sementar e recoller.

    ResponderEliminar
  26. O deserto era considerado polos exipcios a zona da morte e o val considerábase a zona da vida.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gema, as túas respostas son correctas. Non olvides indicar sempre a pregunta á que estás respondendo. Supoño que neste caso son a 3 e a 4 respectivamente. Un saúdo

      Eliminar
  27. Hola soy Uxia no entiendo muy bien la pregunta numero 2

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O que pregunto é que onde se sitúa a civilización exipcia e por que nese lugar.

      Eliminar
  28. Hola, hay que responder ya a las preguntas?

    ResponderEliminar
  29. Hola son Gabriel Domíngez e esta é a miña resposta da pregunta 5ª do blog:

    O espírito do falecido era guiado polo deus Anubis ante o tribunal de Osiris. Anubis extraía o corazón, que representa a conciencia e moralidade e depositábao sobre un dos dous pratos dunha balanza o contrapeso era unha pluma de Maat símbolo da Verdade e a Xustiza Universal, situada no outro prato.
    Mentres, un xurado composto por deuses formuláballe preguntas acerca da súa conduta pasada, e dependendo das súas respostas o corazón diminuía ou aumentaba de peso.
    Ao final do xuízo, Osiris ditaba sentenza:
    Se esta era boa podían ir atoparse coa momia, e vivir eternamente nos campos de Aaru (O Paraíso na mitoloxía exipcia).
    Pero se o veredicto era negativo, era arroxado a Ammyt, a devoradora dos mortos (un ser con cabeza de crocodilo, pernas de hipopótamo e melena, torso e brazos de león), que acababa con él. Isto sería como unha segunda morte e supoñía para o defunto o final da súa condición de inmortal e aquela persoa deixaba de existir para a historia de Exipto.

    ResponderEliminar
  30. Bos días, chámome Inés e aquí respondo a esta pregunta:
    En que consistía o xuízo das almas?
    Este xuízo consistía en que o deus Anubis, ponía nunha balanza, unha pluma e o corazon do defunto. Se o corazón pesaba menos ca pluma, dicíase que era un corazón honesto e puro e que polo tanto podía pasar á vida despois da morte, pero se pola contra o corazón era impuro e pesaba máis este que a pluma, o defunto era devorado por Amit e non tería dereito á vida tras a morte.
    Firmado: Inés Rodríguez Mateos- 1ºESO A

    ResponderEliminar
  31. Ademáis da miña resposta á pregunta sobre o deserto e o val quero engadir que o deserto era o lugar da morte porque alí era onde enterraban aos mortos e o val o lugar da vida porque era onde vivían.

    ResponderEliminar
  32. Yo quiero responder a la primera pregunta del tema , donde esta la parte de los comentarios profe?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os cometarios están sempre ao final da entrada. Tes que facer como fixeches este. Un saúdo, Marcos

      Eliminar
  33. 1° pregunta-porque as enchentes dos ríos fertilizaban as terras e iso conlleva a máis produción agrícola.
    2° pregunta-está en Egipto (África) ao lado do río Nilo porque sempre aséntanse ao lado dun río as civilizacions fluvias,neste caso civilización exipcia.
    3°pregunta- é un regalo do Nilo porque os campesiños tiñan que traballar pouco na terra xa que o río a fertilizaba,o traballo queda reducido a sementar e meter nas terras os rabaños para que cubran a semente ao andar(coas súas pisadas).
    4°pregunta-Os exipcios entendían o contraste entre o val e o deserto porque no deserto edificaron tumbas,templos funerarios,cemiterios e era o lugar da morte mentres que o val era o lugar da vida e contruíronse alí as aldeas,cidades,palacios,templos e intaláronse os campos de cultivo
    Eu son Idoia...😜 son de 1°A

    ResponderEliminar
  34. Eu son Idoia a de 1°A😉
    O xuízo das almas ou xuízo de Osiris consistía en que o deus Anubis tiña que pesar nunha balanza o corazón do defunto...
    tiña que pesarse coa pluma da verdade,se o corazón pesaba máis ca pluma tiña quebser deborado por Amit,pero se o corazón equilíbrase coa pluma da verdade accedía a vida da ultratumba.

    ResponderEliminar
  35. O xuízo das almas consistía en que o deus Anubis pesaba o corazon do defunto nunha balanza, onde polas boas accións o corazón debía equilibrarse coa pluma da verdade . se o defunto superaba o xuizo accedía á vida da ultratumba.Se non o superaba era devorado por Amint.

    ResponderEliminar
  36. 1 pregunta tema exipto
    por que como estaban no deserto tiñan que depositar os templos,os pobos... cerca da auga

    ResponderEliminar
  37. Respuesta pregunta 1:
    -Penso que as primeiras civilizacións crecen entorno aos ríos porque para empezar obteñen un recurso fundamental,a auga.Outra razón é que grazas as enchentes dos ríos aparecían capas de limo que servían de fertilizantes, e grazas ao limo melloraba a agricultura e a súa vez a producción.

    ResponderEliminar
  38. Respuesta pregunta 2:
    -A civilización exipcia sitúase no estreito val do Río Nilo en África ecuatorial. Se situaban nese lugar porque cada verán o río desbordábase e inundaba o val,ao retirarse as augas as ribeiras quedaban cubertas por unha espesa capa de limo,que fertizaba a terra e favorecía a agricultura.

    ResponderEliminar
  39. Respuesta pregunta 3:
    -Herodoto di que Exipto é un regalo do Nilo porque grazas a que o río se desborda a súa colleita require moi pouco esforzo.

    ResponderEliminar
  40. Respuesta pregunta 4:
    -Os exipcios diferencian principalmente o deserto e o val en que este último é o lugar da vida e o deserto (que é a parte máis extensa de Exipto) denomínase como o lugar da morte.
    No val estaban os campos de cultivo,templos,palacios,aldeas e cidades.
    No deserto edificaban tumbas,templos funerarios e cemiterios.

    ResponderEliminar
  41. Respuesta pregunta 5:
    -O Xuízo de Osiris (xuizo das almas) se
    realizaba da seguinte maneira:
    O deus Anubis pesaba o corazón do difunto nunha balanza,onde polas boas accións o corazón debía equilibrarse coa Pluma da Verdade.Se o difunto superaba o xuízo accedía a vida despois da morte.Se non superaba era deborado por Amit.

    ResponderEliminar
  42. Aquí veñen as miñas respostas enumeradas por orde
    1-Porque o río proporcionaba auga para a agricultura e para o consumo propio das persoas. Tamén grazas a que o río desvordavase cada verán e deixaba un capa de limo a terra fertilizábase.
    2-No Noroeste de Árica . Máis exactos ao longo do río Nilo porque o pobo dependía del. Xa que era o que lle proporcionaba a súa subsistencia
    3-Porque os campesiños non tiñan que regar as plantacions grazas ao Nilo, e isto facía que fose mais abundante a colleita. E a propia natureza facía o traballo.
    4-Que o val é o lugar de vida e o deserto o lugar da norte
    5-O xuízo das almas consiste en que o deus Anubis pese o corazón do defunto coa pluma da verdade nunha balanza e se este se equilibra coa pluma da verdade o defunto poderá acceder a ultratumba. E se non supera o xuízo é devorado polo deus Amit. o corazón deve equilibrarse polas boas acción

    ResponderEliminar