lunes, 24 de octubre de 2016

EMPEZAMOS COA XEOGRAFÍA: MAPAS FÍSICOS E POLÍTICOS DE GALICIA E DE ESPAÑA.

Ao longo do curso iremos estudando distintos mapas físicos e políticos. Nesta avaliación tócalles o turno aos de Galicia e España. A continuación deixovos os mapas mudos e os accidentes xeográficos, comunidades autónomas, provincias... que tendes que estudar.

MAPA POLÍTICO GALICIA





MAPA FÍSICO GALICIA










MAPA POLÍTICO DE ESPAÑA









 





MAPA FÍSICO DE ESPAÑA









TEMA 1. A PREHISTORIA

Ola a todos:

Empezamos, neste tema, a adentrarnos na nosa Historia. O home sempre tivo unha especial curiosidade por coñecer a súa orixe. E neste tema daremos un gran salto cronoloxíco para intentar entender de onde vimos ou se cadra cara onde vamos.

Pese a que sempre escoitamos dicir que os que estudan Historia son de letras, non podemos perder de vista que a Historia non deixa de ser unha ciencia que estuda o pasado da humanidade.
E como vimos no tema 0 os historiadores buscan indicios, pistas que lles axuden a entender como vivían as xentes doutras épocas.

Xa entrando en materia tendes que saber que na PREHISTORIA faise unha división tradicionl en tres períodos:

A) PALEOLÍTICO (2,4 millóns de anos - 10.000 a.C)
B) NEOLÍTICO (10.000 a.C - 4.000 a.C)
C) IDADE DOS METAIS (4.000 a. C - 3.000 a.C)

Antes de empezar un percorrido visual a través de estas estapas quero que fagades una reflexión...
Sabedes o que é a TEORÍA DA EVOLUCIÓN DAS ESPECIES? O seu creador foi un piar fundamental para moitos historiadores, que en base a súa teoría intentaron e intentan explicar a orixe do home.



Partindo da teoría de Chales Darwin, nun determinado mometo comeza a haber evidentes diferenzas entre os primates e os homínidos. Nas seguintes imaxes son evidentes estes cambios.

Pero.... PODEDES ENUMERAR ESES CAMBIOS QUE OS DIFERENCIAN?





A) O PALEOLÍTICO

O primeiro que tendes que ter claro deste período e a súa cronoloxía (2,4 millóns de anos - 10.000 a.C). Durante estes anos desenvolvéronse sociedades prehistóricas cunhas características ben marcadas. Dende África extendérose ao resto do mundo. Iremos seguídolles a pista para facer unha hipótese de como vivían.


B) O NEOLÍTICO

A aparición da agricultura e da gandería supuxo un cambio radical no modo de vida da humanidade, modificando dende a forma de obter alimento ás crenzas relixiosas, as formas de asentarse para vivir e a fabricación de novos útiles.

O máis importante deste apartado é que entendades o que é a REVOLUCIÓN NEOLÍTICA e cales son as súas causas e consecuencias


C) A IDADE DOS METAIS

No último período da Prehístoria que durará ata o 3000 a.C. os nosos antepados empezaron a utilizar os metais. En primeiro lugar o cobre, despois o bronce (aliaxe de cobre e estaño) e por último o ferro. A útilización dos diferentes metais da lugar ás tres etapas na que se divide este último período. A Idade de Cobre, a Idade de Bronce e a Idade de Ferro.


A continuación deixo os enlaces ao documental que vimos na clase por se necesitades consultalo para facer o traballo que vos encarguei. Como sería un día da vosa vida se vivírades no Paleolítico, no Neolítico ou na Idade dos Metais? (Recordade. Tendes que escribir un breve relato contestando a esta pregunta)











TEMA 0. QUE É A HISTORIA?

Boas, queridos alumnos:
Deixo o .ppt que utilicei na clase para explicar o tema 0. Espero que xunto cos vosos apuntamentos vos sexan de axuda para preparar o exame