miércoles, 19 de abril de 2017

XA PODEDES EMPEZAR A TRABALLAR COS MAPAS DE ÁFRICA E DE EUROPA

Boa tarde a todos os blogeiros de primeiro da ESO. Xa podedes comezar a practicar os mapas de África e Europa. A continuación tendes unha listaxe cos nomes dos paises e capitais que tendes que estudar.
Deixo mapas mudos para quen queira imprimilos e practicar. Ánimo e a darlle duro!























viernes, 3 de febrero de 2017

TEMA 3. A HÉLADE

Dende o século VIII a.C.; no territorio ocupado polos gregos, foise desenvolvendo unha civiliazación de características propias e ben diferenciadas, que compartían moitas cidades estado (polis) que se mantiveron politicamente independentes.

Antes de comezar unha pregunta para os bloggeiros. A ver quen estivo atento na clase:
Cando falamos de Hélade a que nos referimos?
E agora para que ninguén se despiste recordade que imos a estruturar o tema nos seguintes apartados:

1. AS POLIS GREGAS
2. A COLONIZACIÓN GREGA
3. ATENAS E ESPARTA
4. AS GUERRAS DOS GREGOS
5. RELIXIÓN CULTURA E ARTE

1. AS POLIS GREGAS

As polis eran cidades-estado que se gobernaban libremente a si mesmas e posuían unha serie de características cocretas comúns a todas elas.

Alguén pode enumerar cales son as características das polis que expliquei na clase? E se alguén ten espírito de historiador... pode dar algunha máis que lle pareza interesante?

Deixo os apuntamentos da clase por se a alguén lle falta algunha cousa e para que poidades ver as imaxes e así estudar mellor. Espero que vos axude. Un saúdo





domingo, 22 de enero de 2017

NOMES DE TODOS OS MAPAS FÍSICO E POLÍTICOS

Boas noites:
Parece que algúns de vos perdestes o listado de todos os nomes dos mapas que repartín ao principio do curso. Aquí o tendes de novo por se necesitades imprimilo ou consultalo.
Un saúdo



miércoles, 11 de enero de 2017

MAPAS POLÍTICOS E FÍSICOS DE AMÉRICA E ASIA

Queridos alumnos. Nesta avaliación toca estudar os mapas de Asia e de América. Como xa sabedes fixamos as datas dos exames o 31 de xaneiro e o 7 de febreiro respectivamente. A continuación tendes todo o necesario para empezar a traballar.

MAPA POLÍTICO DE ASIA








MAPA FÍSICO DE ASIA





MAPA POLÍTICO DE AMÉRICA











MAPA FÍSICO DE AMÉRICA





 

 

viernes, 25 de noviembre de 2016

TEMA 2. AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS

Empezamos este tema explicando o concepto de CIVILIZACIÓN FLUVIAL. Dende que aparece a escritura, en torno a ano 3000 a.C, iniciaráse nas beiras dalgúns grandes ríos, un forte desenvolvemento da agricultura que propiciou o nacemento das primeiras civilizacións históricas e con elas o nacemento das primeiras cidades.
Entre estas primeiras civilizacións ou civilizacións fluviais destacan a civilización mesopotámica e a civilización exipcia. A primeira xurde en torno aos ríos Tigre e Éufrates e a segunda en torno ao río Nilo pero ambas teñen, como vimos na clase carácterísticas comúns:
- Crece a poboación grazas á abundancia das colleitas garantidas pola fertilidade das terras e as antigas aldeas convértense en cidades
- Presentan unha organización social complexa e xerarquizada: rei, sacerdote, funcionarios e exercito serían o grupo minoritario privilexiado; mentres que gandeiros, agricultores e artesáns serían o grupo maioritario non privilexiado.
- Coñecen a escritura que permite a creación de documentos que permanecen no tempo e que axudan a transmisión do saber
- Relixión politeista
- A cultura e a arte alcanza un grande desenvolvemento
A continuación tendes un mapa para que localicedes ben estas civilizacións:

Primeira pregunta do tema para os seguidores do blog: Por que pensades que estas civilizacións crecen en torno aos ríos?

Como dixen na clase nos estudaremos máis en profundidade a CIVILIZACIÓN EXIPCIA.

Seguiremos o seguinte índice:




CRONOLOXÍA: Desenvólvese aproximadamente entre o 3100 e o 31 a.C.

LOCALIZACIÓN:

 Mirando os mapas que deixo a continuación... Podedes explicarme onde se localiza esta civilización e por que?

 



Podedes tamén explicar leendo o texto de Herodoto que deixo baixo estas liñas por que dicía que Exipto era un regalo do Nilo?

Exipto é como un regalo do Nilo. (...) Non existe xente que recolla a colleita con menor esforzo. Non teñen o traballo de facer surcos na terra co arado, nin sachar, nin facer os labores que realizan os demais campesiños no cultivo das súas colleitas, poi, desbordándose o río do seu leito sen obra humana e retirado dos campos despois de regalos, o traballo queda reducido a sementar e meter nas terras os rabaños para que cubran a sementa coas súas pisadas. E feito isto, agardan tranquilamente o tempo da sega, e feita a trilla polas mesmas bestas, recollen e rematan a colleita (...)
Cando o Nilo inunda o país, unicamente as cidades poden verse por riba das augas, semellantes ás fillas do Exeo; pois o resto de Exipto convértese nun mar, e soamente elas sobresaen. Cando isto sucede, xa non navegan seguindo o cusro do río, senón a través da chaira.
HERODOTO. Historias. Século Va.C.

MEDIO FÍSICO:

Como expliquei na clase en Exipto hai un grande contraste entre o deserto e o val. Alguén pode explicar como entenden os exipcios este contraste?

 EVOLUCIÓN HISTÓRICA



ORGANIZACIÓN POLÍTICA

faráón era deus e rei.
Como rei facía as leis, xulgaba, inspeccionaba as obras hidráulicas e dirixía ao exército . Ademais tiña un grande poder económico (posuía grandes propiedades agrícolas, controlaba a recadación de impostos e o comercio exterior)
Como deus era considerado a encarnación de Horus, deus do ceo, na terra. A cintinuación tendes varias representacións do faraón como Horus como falcón ou coa cabeza desta ave.




ORGANIZACIÓN SOCIAL

Como falamos na clase podemos facer unha representación piramidal da sociedade exipcia. No cumio da pirámide o faraón, e na parte máis baixa os escravos. Aquí tendes unha pirámide que atopei na rede. Fixadebos na diferencia numérica que hai entre os escravos e o grupo dominante.



AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Como podedes intuir polo falado ata o momento, a agricultura era a principal actividade económica da civilización exipcia, e a base da súa economía. Tendo en conta que era unha agricultura irrigada, cultivábanse entre outros produtos: cereais, hortalizas, legumes, froita, liño e algodón.
Eran os campesiños os que traballaban as terras, aínda que estas pertencían ao faraón. A cambio de cultivalas tiñan que pagarlle unha serie de impostos e tiñan a obriga de participar na construcción da pirámide, que serviría de tumba ao faraón.



Outra das actividades económicas que tiña tamén unha grande importancia era a gandaría. Da mesma obtiñanse animais para o consumo humano: porcos, ovellas, aves de curral.. e outros animais que utilizaban para o traballo: asnos para o transporte ou bois para labrar as terras.




artesanía (ceramistas, ourives, tecedores, canteiros...) e o comercio exterior eran tamén actividades económicas da época.

A RELIXIÓN EXIPCIA

Como dixen na clase, para que teñades unha visión global da relixión exipcia, citarei a continuación as principais carácterísticas:

a) Era unha relixión politeista, crían en moitas divinidades que presentaban aspecto humano e/ou animal e que vivían nos templos


OSIRIS
Deus do mundo subterraneo, esposo de Isis.
Represéntase coa barba osiríaca


ISIS
Esposa de Osiris, deusa da fertilidade feminina.
Represéntase cun trono na cabeza


HORUS
Encarnación na terrra do faraón
Fillo de Isis e Osiris
Represéntase coa cabeza de falcón
Deus do ceo


ANUBIS
Deus dos mortos e dos embalsamadores
Represéntase con cabeza de chacal


HATHOR
Deusa do amor da alegría e da música
Muller de Horus
Represéntase cuns cornos de vaca na cabeza e co disco solar


AMÓN- RA
Deus do sol.
Represéntase cun disco solar

b) Crían na existencia da vida despois da morte. e para acceder a ela tiñan que cumplir dúas condicións:

- Conservar o corpo intacto => MOMIFICACIÓN






VASOS CANOPES para as vísceras

- Superar o Xuízo das almas 


Blogeros: Podedes dicir mirando a imaxe en que consistía o xuizo das almas?


 MANIFESTACIÓNS CULTURAIS E ARTÍSTICAS

A cilización exipcia foi unha civilización cun alto nivel cultural e artístico. De feito somos en parte herdeiros dos avances que os exipcios conseguiron na astronomía, nas matemáticas e por suposto na arquitectura.
As principais manifestacións artísticas en arquitectura son os templos e os monumentos funerarios.

A) TEMPLOS

Xa vimos que os exipcios eran politeístas, é dicir, crían na existencia de numerosas divinidades, e no seu honor construíron templos para rendérenlles culto. O templo era a morada do deus, representado tanto en forma humana como en forma animal ou combinando corpo humano e cabeza de animal. A continuación tendes un esquema coas partes do templo. Recordade que tendes que estudalas para o exame.








B) MONUMENTOS FUNERARIOS

Os exipcios enterraban os seus faraóns e personaxes destacados -membros da familia real, nobres, funcionarios e sacerdotes destacados- en tumbas de gran valor arquitectónico.

AS MASTABAS son tumbas en forma de tronco de pirámide de planta rectangular e poden ter unha ou dúas cámaras sepulcrais. Eran facilmente accesibles para os saqueadores de tumbas.






AS PIRÁMIDES DE CHANZOS compostas pola superposición de mastabas decrecentes




AS PIRÁMIDES son tumbas en forma de figuara xeométrica piramidal. As máis coñecidas e grandiosas son as que mandaron construír para servírenlles de tumba, os faraóns Keops (146 metros de altura), Kefrén e Micerinos en Gizeh, próximas ao Cairo (2570-2480 a.C). O faraón era conducido polos sacerdotes á pirámide; logo de ser momificado quedaba depositado nun sartego na cámara funeraria, acompañado dun rico enxoval funerario (xoias, armas e utensilios que o acompañases na outra vida). Para evitar que os ladróns descubrisen e roubasen estes tesouros, a entrada quedaba selada e no interior da pirámide abríanse galerías falsas de tipo labiríntico.









OS HIPOXEOS son tumbas escavadas na rocha na ladeira da montaña e igual que as pirámides cun trazado interior labiríntico para protexer dos salteadores de tumbas a momia e os tesouros do faraón sepultado. A maioría destes hipoxeos están no Val dos Reis e no Val das Raiñas, preto de Tebas, e foron realizados polos faraóns das últimas dinastías exipcias.

 


Os historiadores pensasn que hai unha evolución na execución dos monumentos funerarios que se exemplifica coa imaxe que tendes baixo estas liñas




A continuación deixo todo o material que elaborei para as clases para que vos sirva de apoio no estudo.